INTRODUCCIÓN: AS NOVAS IDEAS E A ILUSTRACIÓN ESPAÑOLA
O modelo económico-social e político do A.R. foi durante o s.XVIII duramente criticado por unha serie de persoeiros que agromamos baixo o pensamento racionalista da Ilustración. Firmes partidarios da educación e da progresiva mellora das condicións de vida dos seres humanos, a característica básica do pensamento ilustrado é unha ilimitada confianza na razón (nen autoridade, nen tradición, nen revelación). Dende estas premisas, os ilustrados someteron á critica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera virtude ou privilexio e afirmando a igualdade o dereito á liberdade de tódolos homes. Criticaron tamén a organización económica, a falta de liberdade para mercar; vender, establecerse ou progresar, e defenderon un modelo que garantise a propiedade e liberdade de comercio e industria. Así mesmo, sen nega-la existencia de Deus, opuxéronse ó dominio ideológico da Igrexa, ós seus privilexios, e a visión conservadora e inmobilista transmitida polo clero (?). Tamén os ilustrados españois, un grupo heteroxéneo, coinciden no interese pola ciencia, no espíritu crítico, na idea de progreso e na cuestión económica.
NÚCLEO: O DESPOTISMO ILUSTRADO DE CARLOS III
Esta experiencia, coñecida como Despotismo ilustrado, tivo lugar naqueles países nos que os ilustrados aceptaron que a debilidade da burguesía e a ignorancia das clases populares facían imposible calquera programa de cambio que non fose asumido por un poder forte como da monarquía. Carlos III, o monarca que mellor a representou, accedeu ó trono español ó morre-lo seu irmán Fernando VI sen descendencia directa. O seu reinado (1759-1788) constituíu a etapa máis interesante do s.XVIII español. Carlos III xa reinara en Nápoles desde o ano 1739 e entrara en contacto coas ideas ilustradas. Como outros monarcas absolutos europeos, amosouse partidario de seguir algunha das ideas de racionalización e de progresiva mellora das condicións de vida dos seres humanos (DOC 1). Para levar adiante o seu programa de reformas, Carlos III contou cunha serie de colaboradores que desde diversos postos do goberno o auxiliaron: eran, en realidade, os responsables dos esforzos reformistas. Entre eles cabe salientar a Pedro Rodríguez Campomanes, conde de Floridablanca (DOC 3), e ao conde de Aranda. Xunto a eles, e desde outros postos públicos, ilustrados como Pablo Olavide (DOC 2), Cabarrús ou Gaspar Melchor de Jovellanos (DOC 4) estudiaron, informaron e propuxeron unha serie de medidas tendentes á modernización e racionalización do Estado.
Todos eles eran conscientes de que o atraso do país, en relación con outras potencias extranxeiras, proviña da pervivencia do forte predominio da propiedade nobiliaria e eclesiástica (DOCs 1 e 2), do excesivo control sobre as actividades económicas, e do descoñecemento das novas técnicas, inventos e avances (DOC. 3), aplicados xa noutros países como Gran Bretaña ou Holanda. Por iso, esforzáronse en estudia-la situación real do país e en propoñer unha serie de reformas (DOC 4).
Un dos eidos de maior dedicación dos gobernos de Carlos III foi o económico. Convencidos da necesidade de acabar coas dificultades que inmovilizaban a propiedade, que atrancaban a libre circulación e amordazaban os mercados, adoptaron unha serie de medidas de carácter económico como limita-los privilexios da Mesta, apoia-la proposta de Olavide de colonización de novas terras e impulsa-los proxectos de reforma agraria para aumenta-lo número de propietarios e arrendatarios. (DOCs 2 e 4)
Goberno e ilustrados, especialmente as Sociedades Económicas, estaban de acordo en considera-la agricultura como o maior problema da economía española. Influídos polas novas ideas fisiócratas de que a terra e a agricultura eran a principal fonte de riqueza dun país, vín os atrancos que coutaban dispoñer da propiedade (amortizacións, mans mortas, señoríos) como un obstáculo que era indispensable eliminar. Xa que logo, criticaron sistemáticamente ó rexime señorial (DOC.1 e 2), as formas de propiedade da Igrexa, os morgados ou a propiedade comunal. Jovellanos foi encargado de informar sobre o Expediente de Lei Agraria formado por orde do Consello de Castela (DOC.4). O Expediente recolle unha certeira visión dos problemas da agricultura española do s.XVIII e unha proposta de solucións, pero que a penas se puxeron en práctica. O peso da Igrexa e da nobreza fixo imposible a reforma.
Agora ben, os intentos de reforma agraria indicaban trocar fondamente o poder dos privilegiados, e por iso case non pasaron da fase de estudio. Enfrontarse decisivamente coa nobreza significaba, no fondo, destruí-la base da desigualdade civil sobre a que se asentaba a propia monarquía absoluta. Reformar tiña como límite o poder do monarca e mante-lo esqueleto da orde do A.R. Cando os ventos da Revolución francesa anunciaron a fin da vella orde, o novo monarca Carlos IV e gran parte dos seus colaboradores foron os primeiros en mirar con arrepío os efectos que as ideas ilustradas provocaran na veciña Francia.
CONCLUSIÓN: “OS LIMITES DO REFORMISMO BORBÓNICO”
O Despotismo ilustrado, representado en España por Carlos III, presenta no seu conxunto un balance positivo. Limitouse o nepotismo e a corrupción na Administración, apoiáronse propostas e proxectos para o progreso da instrucción pública, para o saneamento das cidades ou para a mellora da rede de estradas. Tamén se defenderon as prerrogativas do Estado fronte á Igrexa e animóuselles ós súbditos a desenvolveren as actividades comerciais, agrícolas e industriais, rompendo co vello prejuicio de que era deshonroso o seu exercicio.
ADENDA:
Sobre todo como vimos destacando nos anteriores parágrafos déuselles forte pulo ás reformas de tipo económico; así, xunto á reforma agraria, merece salientar a liberalización do comercio interior e colonial (Lei de Libre Circulación de Grans e fín do monopolio de Cádiz en 1765), a liberación da producción industrial a partir de 1768 e o arancel proteccionista de 1782), a moderación da política impositiva co obxectivo de fomenta-la producción asociada á estabilidade do gasto público, ou o apoio dado á creación das Sociedades Económicas de Amigos do País (conde de Peñaflorida, en 1765), co obxecto de estudiar e determina-la situación de cada provincia, fomenta-la agricultura, o comercio e a industria, traducir e publicar libros extranxeiros e impulsa-la difusión das ideas fisiocráticas e liberais.