(INTRODUCCIÓN)
Entre 1917 e 1923, a incapacidade dos gobernos para reformar en profundidade o sistema político, a forte conflitividade social e as tensións políticas derivadas da guerra de Marrocos fixeron imposible a supervivencia do réxime da Restauración. Con isto, o 13 de septembro de 1923, o xeneral Miguel Primo De Rivera pronunciouse contra a legalidade constitucional, declarou o Estado de Guerra e dirixiuse ao monarca para esixir que o poder pasase a mans dos militares. Afonso XIII aceptou o Directorio Militar (DOC 1), que suspendeu o réxime parlamentario costitucional.
Os detonantes foron o auxe do terrorismo e das folgas, os fracasos nas campañas de Marrocos e a radicalización dos catalanistas. A causa estructural residía, sen embargo, na incapacidade dos gobernos de concentración liberal.
(NUCLEO)
A dictadura foi una solución inconstitucional para frear a posible reforma do sistema, amenazadora para certos sectores e intereses sociais. Esta dictadura atravesou dúas fases sucesivas. Ata 1925 gobernou o Directorio Militar, onde as súas primeiras medidas amosaron o seu carácter ditatorial: suspensión do réxime constitucional, disolución das cámaras lexislativas,… Ao mesmo tempo elaborou un Estatuto Municipal e outro Provincial para eliminar o caciquismo, obra de Calvo Sotelo.
Xunto á eficacia represiva, un dos mayores éxitos da Dictadura, malia terse manifestado Primo de Rivera partidario de abandonar a presencia española no teritorio marroquino, a constitue o ter posto fin á guerra en Marrocos coa victoria sobre os rifeños.
O Directorio militar deu paso a un Directorio civil igualmente presidido por Primo de Rivera (DOC 2), e influenciado polo modelo do fascismo italiano, con civís vinculados á Unión patriótica. Os seus obxectivos eran senta-las bases dun novo réxime político como a defensa de gobernos fortes, a participación corporativa dos sectores sociais e a creación dunha Asemblea Nacional de carácter consultivo. Mentras o proxecto de Constitución de 1929 foi rexeitado pola falta crecente de apoio ó Dictador nesas datas, a Organización Corporativa do Traballo permitiu poñer en marcha unha lexislación laboral e social que se concretou nun Código de Traballo.
Unha preocupación do Directorio Civil foi a potenciación do desenvolvemento económico como parte fundamental da rexeneración española. Entre as medidas salienta o fomento de infraestructuras coa creación do Patronato do Circuito Nacional de Firmes Especiais, das Confederacións Hidrográficas e de monopolios estatais como Campsa. O crecemento económico foi apreciable en liñas xerais durante a Dictadura, que gozou da paz social no interior e da properidade internacional (“felices anos vinte”(DOC 4). Este crecemento estivo lastrado dun exceso de proteccionismo que restou competitividade á economía española no exterior e pola insolidaridade dos sectores poderosos, posta de manifesto no fracaso da reforma fiscal de 1926, obra do ministro de Facenda Calvo Sotelo.(DOC 3)
(CONCLUSIÓN)
O incremento da oposición a Primo de Rivera foi progresivo (en paralelo ós intentos de perpetuación do réxime). Ata 1926 tivo un carácter personalista (Unamuno, Blasco Ibáñez), pero a partir desa data fíxose orgánica: Alianza Republicana, a FUE, a FAI, etc. Sen embargo, o perigo máis forte para a Dictadura procedeu dos militares. Ó longo de 1929 as dificultades para o Directorio civil aumentaron o que obrigou a Primo de Rivera a pedi-la confianza dos xefes militares e do rei. Enfermo e só presentou a súa demisión en xaneiro de 1930. Aceptada por Alfonso XIII, éste encargou formar goberno aó Xeneral Dámaso Berenguer coa pretensión de restablecer a Constitución de 1876. A súa lentitude nas reformas levou o seu mandato a ser coñecido como a Dictabranda.
Isto levou a que as forzas contrarías á Monarquía (DOC 5) aproveitaran para sublevarse e así facerse temporalmente con un gobernó Provisional mentres se presentaban conxuntamente os distintos partidos contrarios a esta forma de gobernó ás eleccións (Pacto de San Sebastián). Estas eleccións municipais foron convocadas 12 de abril con resultados favorables ás candidaturas monárquicas, mais tamén para ás candidaturas republicanas na case totalidade das capitais provinciais.