(INTRODUCCIÓN)
Coa proclamación da II República en abril de 1931 ábrese un periodo de grandes esperanzas de renovación; pero estas esperanzas quedaron pronto frustradas por mor da oposición dos sectores dominantes e da radicalización de tódolos grupos sociais e da dificil coxuntura internacional (reacción económica e cuestionamento democrático). As eleccións celebradas durante o rexime republicano deron o triunfo dunha forma alternativa ás forzas de ezquerda (bienio reformista,1931-33) e ás dereitas (bienio conservador (1933-36).
(NÚCLEO)
Ao día seguinte das eleccións municipais celebradas o 12 de abril de 1931 o triunfo das candidaturas republicano-socialistas nas capitais de provincia e consigo a proclamación da República. Constituíuse un Goberno provisional presidido por Niceto Alcalá Zamora e de amplio espectro ideolóxico (DOC 1), que esa noite do mesmo 14 de abril decretou a amnistía xeral. En Barcelona o 14 pola mañá foi proclamada a República baixo a forma de República catalana (Estatuto de Autonomía de Cataluña publicado un ano máis tarde (DOC 4) ). As Cortes elixidas o 28 de xuño, de maioría republicana e socialista, unha vez promulgada a nova Constitución, nomearon como Presidentes da República e de Goberno respectivamente a Alcala Zamora e a Azaña Díaz. A Constitución da II República foi aprobada o 9/12. A Constitución definiu a España como unha República de traballadores de toda clase e un Estado integral compatible con autonomías de municipios e rexións. Como forma de goberno foi establecida unha república parlamentaria. O poder lexislativo, o control orzamentario e do goberno era exercido polas Cortes, formadas por unha cámara única en base o criterio de maior representatividade e democracia. O Presidente da República sería elixido polos deputados e por sufraxio universal. Os dereitos dos españois aparecían claramente especificados. Xunto ós dereitos individuais recollíanse dereitos sociais relativos á familia, á educación e ó traballo. A propiedade quedou garantida, anque podía ser expropiada por indemnización e se posibilitaba a intervención económica do Estado(DOC 3). Tamén recoñeceu o sufraxio femenino grazas a intervención de Clara Campoamor (liberal republicana), a que iba en contra das teses socialistas de Margarita Nelken. No momento de proclamarse a II República a maioría da poboación era católica. O Goberno Provisional e a súa política laicista (Azaña “España ha dejado de ser católica”) causou o resentimento da xerarquía eclesiástica (Pastoral colectiva de 20.12.1931). A conxunción republicano-socialista incluiu na Constitución (arts 26 e 27) (DOC 1)como novidades na cuestión relixiosa en España, xunto á separación Igrexa-Estado. O exército presentaba fallas estructurais, no seu equipamento, formación e funcións, froito do aprazamento das reformas dende o Desastre do 98. En breve tempo foron decretadas a supresión da Lei de Xurisdiccións e a Academia Militar, o Decreto de retiros e a Reorganización Xeral do Exército. Todas forman a denominada Lei Azaña. A España de 1931 seguiu a ser un país básicamente rural. As primeiras medidas máis importantes do Goberno provisional foron, sobre todo, a creación de xurados mixtos, a potenciación da Inspección e a xornada de 8 horas(Reforma das Estructuras Agrarias (DOC 3). Aparte de isto,a educación mellorou notablemente e isto provocou un afán de superación neste ámbito creando Misións Pedagóxicas e Escolas Itinerantes.
(PECHE)
Este goberno supuso un fracaso, o que fixo posible que tras as eleccións de novembro de 1933 a República, proclamada polas esquerdas convertiríase ás dereitas. Isto debeuse basicamente á disconformidade do pobo español coa labor realizada pola República ata ese momento. Empezaba desta maneira o periodo chamado “O bienio conservador”. Con isto non rematarían os cambios xa que co triunfo da Fronte Popular en febreiro do 36 retomáronse as reformas iniciais, imposibles de desenvolver polo alzamento militar de xullo. A titularidade do Estado español como República mantívose ao largo de todo o conflicto bélico.
(DOCUMENTOS DE: SEPTEMBRO 2002 OPCION 2: XUÑO 2006 OPCION 1)